Historia da A.V.C.R San Mamede de Zamáns

 

A  Asociación veciñal, cultural e recreativa San Mamede de Zamáns  nace na primavera do  ano 1989  na parroquia  de  Zamáns do Concello de Vigo.

O San Mamede é o santo da parroquia que se celebra no mes de agosto e na súa honra púxose  este  nome á  asociación.

 

Antes da fundación da A.V.C.R  San Mamede de Zamáns, existían duas entidades, un centro cultural e unha asociación de veciños que no ano 1995 decidiron  fusionarse nunha única entidade sumando esforzos para a consecución dun  obxectivo  fundamental:

-Traballar para mellorar o benestar dos veciños de Zamáns tanto no eido cultural como veciñal.

A A.V.C.R. San Mamede de Zamáns ten dende o seu nacemento unha intensa actividade, realízanse todo tipo de cursos, informática, tapizado , bolillos , manualidades, taller de teatro, taller de lectura para nenos, ximnasia, guitarra  entre outros e tamén como non, actividades que fomentan o noso folclore como baile galego, gaita, pandeiretas, coral e rondalla.

 

Como resultado desa actividade naceron no seo da asociación varias agrupacións como o Grupo de Metais Grume, Grupo de gaita e Baile Xinela, Grupo de Pandereteiras  Abeleira, Grupo folk Virandeiras, a Rondalla e  a Coral Polifónica da asociación.

 

Ademáis da actividade cultural,  a asociación asesora á veciñanza  en trámites e  representa e defende frente a Administración os temas de interese común.

 

Os fins principais da Asociación contemplados  nos estatutos son os seguintes:

-O Establecemento do nexo de unión  entre os veciños da Parroquia de Zamáns, en todo canto se refire á resolución dos seus problemas urbanísticos, como hixiene , conservación, medio ambiente, e todos cantos problemas afecten ó benestar e ó interés xeral dos veciños.

 

 

 

-Promoción e xestión das actividades educativas, culturais, festivas, deportivas  e de

caracter  social encamiñadas a mellorar  a formación e o benestar dos seus veciños  e

favorecer a súa convivencia e a súa realización integral individual, familiar e colectivamente.

-A asunción de defensa dos intereses dos veciños  en canto resulten afectados en materia de urbanismo, asistencia social, ensino, sanidade, dereitos humáns, igualdade de oportunidades, medio ambiente, protección, seguridade e información.

-A representación dos seus asociados mediante os acordos adoptados na Asemblea Xeral.

 

A asociación poderá levar a cabo cantas accións sexan necesarias para a consecución dos seus fins , otorgando poderes ós seus asociados ou representantes externos para comparecer  en pleitos ou para calquer asunto que se precise.

 

 

 

 

A Asociacón en datos

Composición da directiva da Asociación  en 1993-1995

Presidente: Hortensia González Fernández

Vicepresidente: Antonio Martínez Serodio

Secretario: Mª Visitación Pérez Fernández

Tesorero: Horacio Prado Alonso

Vogais:   Pilar Arca, Alsiro Pampillón Freiría, Servando Vila Alonso, Alejandro Gómez Represas, Teodoro Vila Vázquez, Guillermo Costas Rodríguez, Inocencio Rodríguez  Alonso, Modesto Rodríguez, Enrique Lago Soto, Manuel Arca Cabral, Agustín Freiría Fernández e Claudio Comesaña Fernández.

 

Composición da directiva da Asociación  en 1995

Presidente: Hortensia González Fernández

Vicepresidente: Mª Visitación Pérez Fernández

Secretario: Pilar Arca

Tesorero: Horacio Prado Alonso

Vogais: Servando Vila Alonso, Alejandro Gómez Represas, Inocencio Rodríguez  Alonso, Modesto Rodríguez  Rodríguez, Francisco González Fernández, Ana Figueroa Martínez, Guillermo Costas Rodríguez, Manuel Arca Cabral, Agustín Freiría Fernández e Claudio Comesaña Fernández.

 

Composición da directiva da Asociación  en novembro  1995-1997

Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez

Vicepresidente 1: Ana Rosa Figueroa Martínez

Vicepresidente 2: Inocencio Rodríguez  Alonso

Secretario:  Visitación Pérez Fernández

Vicesecretario: Manuel Iglesias Pérez

Tesorero: Horacio Prado Alonso

Vogais: Servando Vila Alonso, Teodoro Vila Vázquez, Arsenio Martínez Otero,  Francisco González Fernández, Armando Oitavén Bartolomé,

Juan Antonio Comesaña, Lorena Freiría Prado, Ismael Costas Oitabén, José Mª Alonso Rodríguez, Manuel Ángel González Pérez, Juan Carlos Vila Romero, Guillermo Costas Rodríguez, Manuel Arca Cabral, Agustín Freiría Fernández e Claudio Comesaña Fernández.

 

Composición da directiva da Asociación  en outubro do  1997-1999

Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez

Vicepresidente: Ana Rosa Figueroa Martínez

Secretario: Manuel Iglesias Pérez

Tesorero: José Ángel  Alonso Vila

 Vogais: Arsenio Martínez Otero,  Armando Oitavén Bartolomé, Josefa Martínez Alonso

Juan Antonio Comesaña Figueiras, José Mª Alonso Rodríguez, Herminio Fernández, Nemesio Costas, José Hortensio Vila Juan Carlos Vila Romero, Manuel Arca Cabral.

 

Composición da directiva da Asociación  en novembro do  1999-2002

Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez

Vicepresidente: Josefa Martínez Alonso

Secretario: José Manuel Fernández

Tesorero: José Ángel  Alonso Vila

 Vogais: Arsenio Martínez Otero,  Armando Oitavén Bartolomé, Manuel Ángel González, Luís Figueroa, Gonzalo Freiría, Ana González, María Costas, Nieves Martínez, Mª Carmen Freiría, José Mª Alonso Rodríguez.

 

Composición da directiva da Asociación  en xaneiro do  2002-2004

Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez

Vicepresidente: Josefa Martínez Alonso

Secretario: José Manuel Fernández

Tesorero: José Ángel  Alonso Vila

 Vogais: Armando Oitavén Bartolomé, Luís Figueroa Barros, Mª Belén Alfaya Bernárdez, Eloy Lugo Prado, José Manuel Guisande Alonso.

 

Composición da directiva da Asociación  en xaneiro do  2004-2006

Presidente: Modesto Rodríguez Rodríguez

Vicepresidente: Elisa Longo González

Secretario: Ana Rosa Figueroa Martínez

Tesorero: José Ángel  Alonso Vila

 Vogais: Arsenio Martínez Otero,  Armando Oitavén Bartolomé, Juan Antonio Comesaña Figueiras, Martín Díaz Alonso, Matías González Rodríguez, Josefa Martínez Alonso, Mercedes Otero Freiría, Mª Pilar González Domínguez, Eloy Lugo, José Juan Freiría, Noelia Freiría Prado, Gonzalo Freiría Guisande.

 

Composición da directiva da Asociación 2006-2008.

Presidente: Juan Carlos Rodríguez Torres

Vicepresidente: Delfín Freiría Fernández

Secretario: Alberto Prieto Estévez

Tesorero: José Ángel Alonso Vila

Vogais: Pilar Alonso Pazos, Mercedes Otero Freiría, Rosa María Prado Alonso, Juan José Freiría Otero, Noelia Freiría Otero, Modesto Rodríguez Rodríguez, Armando Oitavén Bartolomé, Arsenio Martínez Otero, Gonzalo Freiría Guisande, Graciano Alonso Alonso e Claudio Comesaña Fernández.

 

A  asociación constitúese por tempo indefinido e o número de socios foise incrementando ó longo dos anos. Na actualidade está formada por 360 socios e por aproximadamente 446 beneficiarios, familiares dos socios.